PRESUPOSTOS 2017

O Concello de Os Blancos contará cun presuposto de 850.000 euros en 2017

Os presupostos inclúen unha partida con axudas ao alquiler para familias con rendas baixas ou problemas económicos  

O Concello de Os Blancos celebrou esta semana un pleno extraordinario no que se aprobaron os presupostos munucipais para o presente ano. O orzamento dispoñible para este 2017 ascende a 850.000 euros. Trátase, segundo o alcalde, José Manuel Castro, "dunha cantidade o máis axustada posible á realidade do Concello".  Os Blancos sofre, na actualidade, unha situación de seria dificultade económica debido ás numerosas débedas acumuladas nos últimos períodos. Por este motivo, segundo sinala o rexidor, non poden afrontar moitas das obras que precisa o concello. "É imposible atender a todas as necesidades pola gran débeda que temos", asegura. 

O orzamento inclúe unha partida de axudas sociais para persoas con problemas económicos e rendas baixas. As familias que o soliciten poderán percibir 800 euros anuais para axuda de alquiler, 300 euros para material escolar e 200 euros por neno nacido no concello. 

Para gastos de persoal destinaranse 407.000 euros, unha cifra que ao longo deste ano tratarase de reducir, na medida do posible, este gasto xa que, ademais, "haberá varias xubilacións". 

No que respecta ao capítulo de ingresos, os fondos dos plans provinciais da Deputación, que ascenden a 52.500 euros, estanse adicando á pagar o gasto corrente do Concello. Por outra banda, o capital procedente do Estado para este municipio está retido ao 100 por 100 polas débedas acumuladas coa Seguridade Social e a Axencia Tributaria.

No pleno tamén se aprobou, de xeito provisional, o PXOM. O actual goberno local acometeu varias ampliacións nos distintos núcleos. A aprobación definitiva pola Xunta resolverase, previsiblemente, no prazo dun ano. 

Te puede interesar