instalaciones

O Concello de Sandiás reabrirá a Casa da Lagoa o vindeiro xullo

O centro permanece pechado -salvo ocasións puntuais como visitas escolares- dende comezos de ano

O Concello de Sandiás vén de recibir unha subvención para actividades culturales da Deputación de Ourense mediante a que vai a poder contratar persoal para reabrir o museo Casa da Lagoa, que permanece pechado -salvo ocasións puntuais como visitas escolares- dende comezos de ano. "Grazas a esta partida, dende o 15 de xullo ata o 15 de setembro contaremos cunha persoa que se encargará da Casa da Lagoa e da biblioteca", dixo o rexedor local, Felipe Traveso. "Non sabemos aínda cales serán os horarios e temos que facer a selección de persoal, pero o que é a axuda xa está confirmada", engadiu. 

Por outra banda, o alcalde de Sandiás reunirase nos vindeiros días con Delfín Caseiro e Antón Jardón, responsables do Museo da Limia, para comezar a perfilar unha rede museística que abarque as tres mostras da comarca: o Museo do Entroido, a Casa da Lagoa e o propio Museo da Limia, co obxectivo de dinamizalos.

Te puede interesar