Emprego

O Concello de Vilar de Santos contratará a un axente de novas tecnoloxías

O axente TIC traballará durante o 2021 a media xornada, de luns a venres, e o sistema de selección para este posto levarase a cabo por concurso de méritos. 

nO Concello de Vilar de Santos contratará, durante o periodo de un ano, a un axente especializado en novas tecnoloxías da información e da comunicación para desenrolar a súa tarefa á fronte da aula Cemit do municipio, achegar as TIC aos veciños e propoñer diversas actividades e formacións neste senso. 

O axente TIC traballará durante o 2021 a media xornada, de luns a venres, e o sistema de selección para este posto levarase a cabo por concurso de méritos. 

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo terán que formalizar as súas solicitudes ao longo desta semana no rexistro xeral do Concello en horario de 09,00 horas a 14,30 horas. 

No Concello de Vilar de Santos será posible acceder ás bases completas, as cales tamén se poden consultar no enderezo web da entidade local. 

Te puede interesar