O Concello de Vilar de Santos fixo unha inpección tributaria ás grandes empresas

A inspección tributaria permitíu a recuperación de 6.255 euros para as arcas municipais pola mala liquidación das taxas

O Concello de Vilar de Santos recuperou 6.255 euros para as arcas municipais logo de facer un plan de inspección tributaria a oito grandes empresas que operan no término municipal. O Concello puxo en marcha este plan de inspección da taxa pola "utilización ou aproveitamento especial constituído no solo, subsolo ou voo das súas vías públicas a favor de empresas explotadoras de servizos de subministros" que afecta fundamentalmente ás grandes empresas eléctricas, de subministración de gas ou telefonía.

Este plan, segundo un comunicado difundido polo Concello, tiña como obxectivo comprobar "o adecuado cumprimento das obrigas para coa Facenda municipal". Con este fin procederon a revisar a tasa correspondente aos exercicios do periodo comprendido entre os anos 2011 e 2014, xa que ao Concello lle parecía "baixa e non axustada á realidade actual e ao volume de negocio". O Concello contou cunha empresa especializada para facer esta revisión e "requeríu oficialmente a todas estas empresas que operan no municipio para comprobar a veracidade e exactitude das declaracións presentadas e a comprobación dos valores".

Este labor de inspección permitíu a recuperación e devolución de 6.255 euros para as arcas municipais pola mala liquidación da taxa practicada dun total de oito grandes empresas inspeccionadas. Este plan, segundo indica o Concello, permitiu aumentar os ingresos da recadación desta taxa, cun incremento anual do 15% e súmase a outras iniciativas de inspección e control que desenvolve o Concllo.

"Segundo sinalaba o alcalde, Xan Jardón, estas medidas "implican un esforzo de xestión e control, sen reducir a eficiencia e calidade dos servizos municipais e das nosas prioridades", e engade que "os ingresos municipais, en definitiva o noso financiamento, ten que recaer tamén nas grandes empresas, non só nos veciños e pequenas empresas do municipio".

Te puede interesar