O Concello de Xinzo pide máis recursos educativos

xinzo_resultado

O Concello de Xinzo celebra esta mañán un pleno extraordinario para "esixir á Consellería de Educación que garanta un inicio de curso seguro en todos e cada un dos centros da vila atendendo as demandas dos respectivos equipos directivos, especialmente despois de que onte se tivese que pechar o primeiro colexio en Galicia, concretamente en Pontevedra". Así o indica unha nota da institución local, que alude a unha problemática sobre as dotacións e recursos cos que contan os centros locais. O equipo direcivo do instituto Cidade de Antioquía expresou en días a súa intención de dimitir despois de que a Consellería de Educación asegurase unha serie de recursos que non se chegaron a concretar.

O pleno busca "o acordo unánime de toda la Corporación a todas e cada unha das demandas en materia de seguridade dos equipos directivos dos centros, que son os que mellor coñecen as necesidades de cada un deles", segundo indica o Concello de Xinzo. A alcaldesa, Elvira Lama, salienta que "unha vez máis debemos defender os intereses educativos dos centros". 

Te puede interesar