O Concello de Xinzo recoñecerá o esforzo dos seus deportistas

O obxectivo é, tal e como subliñan dende a Concellería de Deportes que dirixe Rafael Penabad, transmitir os valores do deporte aos máis pequenos. 

O Concello de Xinzo recoñecerá o traballo feito no último ano polos seus deportistas, entidades ou clubes con motivo da segunda edición dunha gala do deporte que terá lugar no pavillón o vindeiro 29 de decembro, a partir das 19,30 horas. O obxectivo é, tal e como subliñan dende a Concellería de Deportes que dirixe Rafael Penabad, transmitir os valores do deporte aos máis pequenos, en particular, e á poboación, en xeral, para fomentar a práctica deportiva. O acto será presentado por Patricia Santana e Pablo Ríos e contará coa actuación do Mago Deimi.

Os galardoados e galardoadas daranse a coñecer nos próximos días. Son candidatos os deportistas que participaran nalgún campionato oficial de ámbito provincial, autonómico, nacional ou internacional, obtendo algún resultado meritorio a xuízo da comisión organizadora da gala. Tamén aqueles nados no concello, veciños e veciñas empadroados con residencia no municipio de Xinzo de Limia ou con licencia federativa en vigor con algún club inscrito no rexistro de actividades deportivas.

Tamén optan á distinción os equipos locais que participasen nalgún campionato oficial de ámbito provincial, autonómico, nacional ou internacional, obtendo algún resultado meritorio, ou deportistas que, sendo locais, formen parte de equipos non vencellados ao concello e que resultaran campións a nivel nacional ou superior.

Te puede interesar