certame

Concurso escolar para pór en valor a vila de Xinzo

O prazo de presentación de propostas na anpa do centro prolongarase ata o venres, día 25 de xaneiro

A Asociación de Pais e Nais do Colexio Rosalía de Castro de Xinzo, vén de promover o concurso "Así é a miña vila, así é a miña xente", dirixido a todos os seus asociados. O obxectivo é tentar poñer en valor, mediante fotografías, o municipio limiao. Dende o colectivo invitan a "observar e recoñecer como noso todo o que nos rodea para obter unha reflexión máis intensa sobre o como queremos, podemos e debemos vivir e coidar a nosa vila, costumes, paisaxes e xentes". O prazo de presentación de propostas na anpa do centro prolongarase ata o venres, día 25 de xaneiro, e as instantáneas terán que ser adxuntadas en papel fotográfico, dentro dun sobre pechado e cunha folla que conteña o título, nome do autor ou autora, idade e teléfono de contacto. As fotos, que terán un tamaño de 20 por 25 centímetros, terán que ser orixinais e non presentar retoques dixitais. 

Por outra banda, haberá dúas categorías: "Caracois", con idades entre tres e sete anos; e "Ras", de oito a 12 anos. Todas as propostas presentaránse nunha grande exposición ao finalizar o concurso.

Te puede interesar