A Limia

O Conservatorio de Xinzo ofrecerá este venres un concerto didáctico

A Limia

MÚSICA

O Conservatorio de Xinzo ofrecerá este venres un concerto didáctico

A actividade estará dirixida, por unha banda, aos alumnos e alumnas dos colexios da comarca limiá e, pola outra, ao público en xeral

O alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia celebrará esta semana o seu habitual concerto didáctico. A actividade terá lugar este venres, día 27 de abril, no salón de actos da Casa da Cultura e da Xunventude e estará dirixido, por unha banda, aos alumnos e alumnas dos colexios de primaria da comarca limiá e, pola outra, ao público en xeral. 

A función para os cativos dos centros Carlos Casares, Rosalía de Castro, Carlos Cid Arregui (Rairiz de Veiga), Sandiás, Baltar e Sarreaus comezará ás 11,00 horas da mañá. Por outra banda, os músicos do Conservatorio ofrecerán un novo pase ás 20,00 horas da tarde de entrada libre para todas aquelas persoas que desexen disfrutalo. 

O Conservatorio Profesional de Música de Xinzo conta, na actualidade, con casi 140 alumnos de toda a comarca da Limia.

Más en A Limia