ELECCIONES MUNICIPALES

Crear emprego e limpar Xinzo, retos dos candidatos á alcaldía da vila

FotoJet (12)_result
photo_camera Los candidatos a la Alcaldía de Xinzo de Limia.

As eleccións municipais serán especialmente emocionantes en Xinzo de Limia, con oito aspirantes á alcaldía e unha maioría absoluta en perigo.

 

20190522204515499_result

Antonio Fernández Veiga (PP).

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

Penso que é un que tamén se padece a nivel estatal e que non é outro que a falta de emprego existente entre a xuventude. 

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

Comezarei traballando polo benestar dos nosos maiores. Tamén me ocuparei de promover medidas que favorezan a un dos principais sectores como é o da agricultura, ao tempo que potenciarei o Parque Empresarial de Xinzo. 

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

Non contemplamos o de pactar con ninguén, nin ningún outro escenario que non sexa a maioría absoluta para o Partido Popular de Xinzo de Limia. Nós saímos a gañar e a seguir revalidando ese apoio maioritario que é tan necesario para a vila.


 

20190522204514858_resultElvira Lama (PSOE)

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

A falta de oportunidades laborais para que os mozos e mozas da vila poidan quedar a vivir en Xinzo. 

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

A primeira medida pasaría por facer unha auditoría de contas para saber a situación financieira do Concello. A segunda sería un Congreso Internacional de Industrias Agroalimentarias para lograr que, o que se produza en Xinzo, se poida transformar en Xinzo. A última sería revisar todas as ordenanzas de taxas e impostos para diminuír a presión fiscal.

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

Eu agardo que o PSOE teña unha maioría que lle permita gobernar. Se non é así, e se produce esa situación, o pacto sería con partidos progresistas. Nunca pactaríamos co Partido Popular.


 

20190522204514686_result

Ramiro Rodríguez (BNG)

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

O feito de que o pobo e o Concello estean estancados. Nótase unha crise grande en todos os sectores, especialmente, no comercio e na hostalería.  

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

Empezaríamos a traballar para frear o despoboamento poñendo en marcha unha oficina para axudar ás persoas que queiran rehabilitar unha casa e un banco de vivendas. A segunda sería potenciar o sector agrogandeiro e, a terceira, mellorar o transporte público, especialmente, nos pobos.  

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

Nós aí témolo moi claro. O primeiro paso sería botar ao PP e, a partir de aí , mudar o Concello. Nós non imos a pactar coas dereitas, sexan da cor que sexan: nin con Cidadáns, nin co Partido Popular. 


 

20190522204514593_result

Manuel Pérez Campos (Xinzo Adiante)

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

A falta de postos de traballo para poder vivir en Xinzo. 

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

Limpar a vila e os pobos, xa que hai unha suciedade impresionante. A segunda medida pasaría por manter unha reunión con todos os colectivos sociais para traballar de cara a vindeiros eventos e, a terceira, elexir un representante por cada pobo pero de maneira democrática.

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

 Nós cremos que as enquisas non reflicten a realidade social que hai en Xinzo. Pensamos que imos a conseguir a maioría absoluta pero, de non ser así, non pactaremos nunca coa formación política que levou a Xinzo á situación na que está, nin con aquelas que non estean dispostas a promover un cambio real.


 

20190522204514983_result

Monserrat Lama (Ciudadanos)

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

A falta de emprego e de xestión do Polígono Industrial, dende onde temos o privilexio de ter unha comunicación directa coa Autovía e non o temos posto en valor o necesario.  

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

Revisar todas as bases catastrais. Cremos que os impostos que hai a día de hoxe son esaxerados. A segunda medida será realizar unha limpeza xeral de todos e cada un dos rincóns da vila e dos 33 núcleos rurais. É vergoñento como está todo. A terceira medida será ir a onde faga falta para que as empresas se asenten no noso Parque Empresarial. 

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

Eu respeto todas as listas, pero nós non imos a pactar co PP de Xinzo. Co resto seremos dialogantes.


 

20190522204514764_resultAmador Díaz (Áxil)

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

Coido que o estado de abandono da vila e dos pobos, así como a falta de emprego. 

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

A primeira sería realizar unha auditoría para comprobar o estado no que se atopa o Concello. Despois comezaríamos a traballar para impulsar o Polígono Industrial e tamén na procura dos mellores servizos sociais para os veciños e veciñas e adaptados ás súas necesidades reais.  

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

Amador Díaz Penín se ten a responsabilidade de crear un goberno nunca dará o seu apoio ao Partido Popular. Eu dialogarei coas demáis forzas políticas e sempre poñerei como condición que se respeten os intereses dos veciños e veciñas da vila de Xinzo.


 

20190522204514639_result

Xaime Folgoso (Compromiso por Galicia)

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

Os veciños están moi preocupados porque os seus fillos teñen que emigrar e buscar os seus postos de traballo fóra da Limia. A vila está, cada día que pasa, máis abandonada. As estradas están cheas de fochancas, as beirarrúas rotas e os xardíns descoidados. Hai unha desidia total do Concello, do partido que estivo ata agora. 

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

O primeiro será sentarse e comprobar cómo está realmente o Concello, os pagos a proveedores e as obras. Din que se deben cartos. Despois xa se podería falar de medidas.  

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

Haberá que ver os resultados. Pero si que, dende logo, non pactaría nin co PP, nin co PSOE, porque xa estiveron na alcaldía e non fixeron nada por Xinzo.


 

20190522204514171_result

Albina Rodríguez (Xuntas por Xinzo)

1 > Cal pensa vostede que é a principal preocupación dos veciños de Xinzo de Limia?

A falta de traballo, por suposto. Cada vez hai máis xente maior e menos xóvenes. Así non hai futuro. 

2> Cales serán as tres primeiras medidas que tomará vostede se resulta elexido alcalde ou alcaldesa de Xinzo de Limia?

Traballar a prol das medidas que favorezan á xuventude e ao seu problema de falta de emprego. O medio ambiente tamén me parece algo moi importante e seguiría na liña de acadar un turismo de calidade. 

3> As enquisas presentan un escenario sen maiorías absolutas na vila, ¿con quen pactaría vostede e con quen rexeitaría facelo se fose necesario?

Primeiro hai que verse na situación e estudar as opcións. Eu non me negaría a pactar con ninguén. Un político non pode ver ou blanco ou negro, hai máis cores e hai que ser flexibles. A condición sería, eso si, que respetasen o que nos propoñemos e polo que loitamos, se é así, si pactaríamos, por suposto.

Te puede interesar