Cristian Fojón impartiu en Xinzo unha charla sobre banda deseñada

cómic
photo_camera Algúns dos asistentes á charla de Cristian Fojón no IES Lagoa de Antela.
Mozos e mozas do Lagoa de Antela coñeceron as claves da elaboración dun bo cómic

O alumnado do Instituto Lagoa de Antela de Xinzo recibiu este martes ao artista Cristian Fojón, recente gañador do Premio Carlos Casares-Kristina Berg ao talento activo, organizado pola Fundación Carlos Casares. O creador, sobre o que a fundación destacou “non só a súa técnica depurada, senón tamén o estilo co que trata ao rural galego na modernidade dun cómic” non dubidou en achegar aos estudantes a súa paixón pola banda deseñada. Neste senso, os mozos e mozas de secundaria puideron coñecer as técnicas para a elaboración dun bo cómic e as orixes da vocación deste ilustrador natural de Ortigueira, lugar que inspirou parte da súa obra. Precisamente, algún dos carteis do famoso festival que se celebra neste municipio leva a súa firma. 

A este acto tamén asistiu a rexedora de Xinzo, Elvira Lama e o edil de Cultura da vila, Ramiro Rodríguez.

Te puede interesar