Curso en Xinzo de “Actividades Auxiliares de Agricultura”

O obxectivo desta primeira acción formativa será executar operacións auxiliares en cultivos agrícolas seguindo instrucións de superiores ou plans de traballo, e cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección do medio ambiente. 

O vindeiro día 13 dará comezo no Centro Agrogandeiro de Xinzo un curso de Actividades Auxiliares de Agricultura. O centro limiao, dependente do Inorde, conseguiu a acreditación para impartir os certificados de profesionalidade nesta especialidade, así como na de Agricultura Ecolóxica. 

O obxectivo desta primeira acción formativa será executar operacións auxiliares en cultivos agrícolas seguindo instrucións de superiores ou plans de traballo, e cumprindo as medidas de prevención de riscos laborais, calidade e protección do medio ambiente. 

A formación, que se estenderá ata o 19 de abril do 2023, constará de 388 horas en total que se repartirán en horario de mañá de 09,00 horas a 14,00 horas. O módulo de prácticas profesionais non laborables do curso durará 40 horas.

A acción formativa estará dirixida prioritariamente a desempregados, aínda que poderán entrar ata un 25 por cento de traballadores. As prazas dispoñibles que se ofertan son 15 e os participantes non precisan ter titulación de acceso. Unha vez finalicen o curso disporán dun certificado de profesionalidade de Nivel 1.

O curso habilitará aos participantes para traballar como peóns agrícolas, agropecuarios, de horticultura, de fruticultura, de cultivos herbáceos, de flor cortada, de xardinaría, de viveiro ou de centros de xardinaría

Te puede interesar