Danza, queimada e chocolatada para o Samaín de Xinzo

photo_camera Calabazas de Samaín. (Pixabay)

Os actos de Xinzo para Samaín centraranse na Praza Maior e os cativos dos colexios contribuirán a ambientar la vila.

O Concello de Xinzo, en colaboración coa Asociación Civitas Limicorum, sumarase aos actos conmemorativos pola festa do Samaín en toda Galicia cunha programación especial centrada no vindeiro 31 de outubro

Dende as 16,00 horas da tarde haberá distintas actividades e iniciativas na Praza Maior pensadas, especialmente, para os máis cativos. Neste senso, terán lugar obradoiros de baleirado de cabazas ou pinturas terroríficas, entre outras propostas.

A partir das 19,00 horas da tarde servirase unha gran chocolatada para todos os presentes e, unha hora máis tarde, comezará o espectáculo Danza das Momias. Non será o único da xornada, xa que dará paso ao Baile dos Mortos Vivientes - dende as 20,15 horas- e a un espectáculo de lume -20,30 horas-. 

Os actos do Samaín limiao concluirán co espectáculo A forza da queimada, unha actuación que arrancará a partir das 21,15 horas e logo da que se poderá degustar a bebida típica galega.

Marcos Argibay, presidente de Civitas Limicorum -asociación que tamén se encarga da organización dos actos da Festa do Esquecemento- asegurou que o obxectivo da preparación de todos estes actos “é recuperar a tradición do Samaín, ao mesmo tempo que se dinamiza a economía do pobo, tendo en conta que os máis pequenos non teñen clase e que parece que o tempo acompañará”.  Os colexios Carlos Casares e Rosalía de Castro tamén contribuirán á ambientación da vila con creacións temáticas.

Te puede interesar