A LIMIA

Delfín Caseiro: “As manifestacións culturais foron o máis afectado pola crise"

Dibujo
photo_camera O presidente do Padroado do Museo da Limia, Delfín Caseiro.

Delfín Caseiro é o presidente do Museo da Limia de Vilar de Santos, o único que permanece aberto nestes intres na comarca e que no mes de maio abrirá unha biblioteca especializada en autores limiaos.

Que balance fai dos últimos dous anos no Museo da Limia?

Quixemos traballar para facer del unha institución viva e vinculada ás necesidades actuais da sociedade. Por outra banda, convertémolo en centro de reunión daquelas sensibilidades que se manifestan entre as persoas e nun elemento de dinamización das inquedanzas culturais; un Museo aberto, plural e receptivo a calquera iniciativa que se propoña e moi vinculado ao territorio no que se atopa. 

Como xurdiu a idea de fundar unha biblioteca no Museo?

A tiñamos dende fai varios anos, xusto cando empezamos, dende o Museo, coas tarefas de difusión e divulgación das obras de autores como Antón Tovar, Carlos Casares ou Riveiro Coello. Quixemos facer unha biblioteca na que se reunise unha parte significativa da obra dos autores que tiñan vinculación directa coa Limia, tanto por motivos de nacemento como polas súas profesións e vivencias.

Con cantas obras contará a biblioteca?

Dependerá da producción de cada autor. Algúns estarán representados cunha obra e outros poderían estalo por 15, 20 ou 30. Por outra banda, son contribucións voluntarias dos autores e dos seus familiares. Non temos moitos recursos  por iso, o proxecto sairá adiante grazas ao voluntarismo e á xenerosidade dos creadores. Agora mesmo hai unhas 200 obras alí reunidas. Faremos a súa inauguración no mes de maio. 

Queren propoñer a Antón Tovar para que se lle adique o Día das Letras Galegas. 

O primeiro que queremos é elevar a súa obra poética, que ten un gran significado e valor, aos escolares da zona e, ao mesmo tempo, crear certames ao redor da súa figura ou promover algún disco ou material audiovisual. Imos a seguir, neste senso, mantendo unha estreita colaboración cos centros escolares, e tamén queremos incidir na recuperación do Premio Literario Antón Tovar, do cal se fixeron dúas edicións. Queremos sumarnos á petición do Concello de Xinzo para que se lle adique o Día das Letras. É algo que levará varios anos conseguir, son moitos os autores que están á espera da dedicatoria, pero estamos convencidos de que un ano ou outro vaille tocar. Tovar sempre lle tivo un grande afecto á Limia e á súa xente, porque pasou varios anos na Pereira, na súa casa familiar. 

Na Limia pecharon os poucos museos que hai, o Museo do Entroido e a Casa da Lagoa, ¿que pensades ao respecto dende o Museo da Limia?. 

Esto aconteceu porque nos anos de crise o que se viu máis afectado foron as manifestacións culturais, e eso tamén se notou na Limia. Queremos traballar con resto dos museos da comarca e facer unha rede museística.

Te puede interesar