MEJORAS

A Deputación arranxará o grupo San Sebastián de Xinzo

O grupo San Sebastián, onde se levará a cabo a actuación.
photo_camera O grupo San Sebastián, onde se levará a cabo a actuación.
Dende o concello de Xinzo abordarán con medios propios a sinalización e acondicionamentode zonas verdes

Unha das obras máis demandadas polos veciños de Xinzo, a remodelación do entorno do grupo de vivendas de San Sebastián, comezará nos vindeiros días e estará lista nun prazo máximo de un mes. Grazas a esta actuación, que será financiada íntegramente pola Deputación de Ourense, se renovarán as beirarrúas de ámbolos dous bloques de vivendas. 

En total, a administración provincial investirá 40.000 eurosnesta intervención que a propia rexedora de Xinzo, Elvira Lama, explicou durante a mañá de este xoves. "A remodelación deste espazo, a dotación e sinalización das prazas de aparcamento, así como a colocación de novo mobiliario, axardinamento e zona de ocio infantil será unha modernización para este barrio da vila", dixo a alcaldesa socialista.

Segundo explicaron dende o Consistorio, a obra era "tan necesaria, como longamente demandada polos veciños e veciñas desta zona da vila", pois nunca se levara a cabo unha obra de remodelación na zona nestes últimos anos. Por este motivo, a intervención foi un obxectivo prioritario para o novo equipo de goberno que lidera Elvira Lama.

A actuación que agora se contempla, renovará as beirarrúas que rodean ámbolos dous pavillóns de vivendas, ademais da mellora e acondicionamento da capa de asfalto onde quedaran habilitadas as prazas de aparcamento e estacionamento para vehículos. Do mesmo xeito, retirarase un muro de bloque dando maior amplitude para estacionar, pero tamén maior seguridade aos viandantes.

Dende o Concello de Xinzo de Limia abordarán con medios propios a sinalización e acondicionamento das zonas verdes, e da zona de xogos infantil, dotando o perímetro do valado correspondente, así como a renovación de elementos de mobiliario urbano.

Te puede interesar