A Deputación cofinanciará a residencia de Trasmiras

undefined
photo_camera Manuel Baltar e Emilio Pazos xunto aos veciños.
A Deputación, subliñou Manuel Baltar, “empregará todo o seu músculo financeiro para levar a cabo esta residencia, que poderá atender a máis de medio centenar de maiores". 

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, achegouse este venres ata Trasmiras para asinar co alcalde da localidade, Emilio Pazos, un convenio de colaboración polo que se garante a cofinanciación -na parte pública- da futura residencia, orzamentada en 2.197.487,50 euros. Neste senso, a contía a aportar entre organismos públicos -nomeadamente, a Xunta- ascende aos 750.000 euros, polo que a Deputación, mediante o documento asinado, completará a achega que presente o goberno autonómico ata a cantidade -pública- mencionada. Despois da reunión, celebrada en presenza dun grupo de veciños, o presidente do goberno provincial puxo en valor a importancia de “asumir este compromiso para construír unha infraestrutura longamente demandada e que será realizada de acordo cos veciños”. A Deputación, subliñou Manuel Baltar, “empregará todo o seu músculo financeiro para levar a cabo esta residencia, que poderá atender a máis de medio centenar de maiores e creará emprego, repercutindo no benestar e o desenvolvemento de Trasmiras”.

Por outro lado, o alcalde de Trasmiras agradeceu “o apoio incondicional do presidente da Deputación” e definiu á residencia de maiores como “un dos proxectos polos que máis temos loitado”

Te puede interesar