PROBA DE ÉLITE

Dous soldados de Fiestras e Morgade, na élite da Brilat

foto_limia2
photo_camera Carlos Rodríguez e Rubén Cuquejo, terceiro e quinto pola esquerda, respectivamente, cos compañeiros de patrulla.

Os gañadores percorreron a distancia superando probas como unha topógrafica, tiro de precisión con fusil, pista de obstáculos, rapel, cruce de río a nado e lanzamento de granadas.

Xinzo de Limia, ademáis de exportar calidade en tubérculos, é quen de enviar ao figurado campo de batalla aos seus mellores homes. Tanto é así, que dous militares de profesión veñen de facerse coa victoria (dentro da súa patrulla) nunha das competicións máis esixentes que organiza a Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable (Brilat) de Pontevedra: a marcha pedestre, de máis de 120 kilómetros, entre Tui e Santiago.

A Brigada de Infantería Lixeira Aerotransportable organiza cada ano unha carreira de patrullas con duras probas a superar polos participantes, considerada unha das máis importantee e esixentes de España. Esta edición que vén de celebrarse rematou coa vitoria dos membros da Ternor  (Tercio Norte) da Armada entre os que se atopa Rubén Cuquejo Rodríguez, de Fiestras (Xinzo de Limia), e como suplente do equipo, Carlos Antonio Rodríguez Gil, de Morgade. 

Os gañadores percorreron a distancia superando probas como unha topógrafica, tiro de precisión con fusil, pista de obstáculos, rapel, cruce de río a nado e lanzamento de granadas. Pese a dureza dos tramos conseguiron completar todo en menos de 22 horas. 

A competición é de carácter voluntario e nela participaron un total de 22 patrullas chegadas no só do territorio nacional, senón tamén dende países como Portugal, Bélxica, Francia e Reino Unido.
 

Te puede interesar