MEJORAS

Dúas obras consolidarán as torres de Sandiás e Porqueira

La Torre de Sandiás domina el paisaje en este municipio limiano (ÓSCAR PINAL).
photo_camera La Torre de Sandiás domina el paisaje en este municipio limiano (ÓSCAR PINAL).
Un investimento de 160.000 euros permitirá correxir patoloxías e mellorar a súa conservación

Unha achega de preto de 160.000 euros permitirá realizar  melloras considerables na Torre do Castro, no municipio de Sandiás, e na de Forxa, en Porqueira. A Consellería de Cultura vén de aprobar esta achega que permitirá restaurar ambas torres medievais que teñen, actualmente, a categoría de Ben de Interese Cultural, e que forman parte da rede defensiva da Limia xunto coa Torre de Pena, en Xinzo de Limia, e a Torre de Ceme, en Rairiz de Veiga. Estes traballos teñen como finalidade avaliar as posibles deficiencias, corrixir as patoloxías existentes e mellorar o estado de conservación destes importantes elementos do pasado histórico da comunidade galega. 

Actuación en Sandiás

No que atinxe á Torre do Castro, en Sandiás, as actuacións terán un orzamento de 80.000 euros e centraranse en reparar o estado actual da cuberta, onde, segundo subliñaron dende Cultura, é preciso intervir co obxectivo de que este ben poida ser empregado como recurso para o desenvolvemento sostible, e a promoción socio cultural, laboral e económica da zona. 

Logo de que os técnicos avaliasen as deficiencias e considerasen as patoloxías existentes, estímase que é preciso limpar o interior da torre e o terreo colindante e eliminar a vexetación dos muros e da cuberta da torre aplicando un tratamento herbicida. A continuación, actuarase sobre a cantería "facendo un rexuntado, selando as gretas e estabilizando a cimentación histórica", apuntan dende Cultura. Os traballos completaranse coa reparación da luz existente e coa recuperación da escaleira interior, un elemento de gran interese que da acceso á cuberta. 

Novas melloras en Porqueira

No caso da Torre de Forxa, onde xa se veñen realizando numerosas melloras nos últimos anos como a mellora dos accesos ou a iluminación, invertiranse outros 77.000 euros en solventar outros aspectos. A construcción presenta patoloxías na cuberta e na carpintería. Do mesmo xeito, a existencia de numerosas tellas rotas e de danos no teito fan preciso que se desmonte e elimine a carpintería metálica da cuberta e das tellas e placas para instalar un illamento térmico e cubrir con nova tella de cerámica. Ademais, debido a que a carpintería actual non impide a entrada de auga, cómpre crear unha nova de madeira que evite o deterioro dos elementos interiores. Os traballos inclúen tamén a substitución do pararraios e a instalación dun proxector con tecnoloxía LED.

Te puede interesar