agricultura

Os ecoloxistas critican a presión aos agricultores da Limia

Unhas protestas referidas aos controis realizados na comarca durante os últimos días contra o uso de pesticidas ilegais

Os integrantes do Movemento Ecoloxista da Limia veñen de manifestar o seu "malestar" compartido cos agricultores da comarca, debido á "presión" á que están sendo sometidos por parte das diferentes administracións. Un grupo de productores de pataca, encabezados polo seu presidente, Amador Díaz, criticaron hai uns días que estaban sendo "asediados" por numerosos controis, concretamente, os enmarcados dentro da operación Axe IV contra os pesticidas ilegais.

Os ecoloxistas matizan que "non comparten determinadas prácticas agrícolas como a aplicación indiscriminada de glisofato como un método máis de laboreo" pero consideran que os labregos da Limia "son unha peza clave no mantemento dos ecosistemas agrarios".

Te puede interesar