O edil de Xinzo Carlos Gómez accederá ao Parlamento galego

Gómez xa ten manifestado nas últimas semanas a súa intención de continuar coa súa acta de edil no consistorio limián, que a lei permite compatibilizar co cargo de deputado autonómico. 

n n n O concelleiro de Turismo, Comercio, Promoción Económica e Facenda do concello de Xinzo de Limia, Carlos Gómez, converterase en deputado autonómico, logo de que o Goberno galego confirmase a continuidade de Antonio Rodríguez Miranda á fronte da Secretaría Xeral de Emigración. 


O edil popular, que ocupara o posto número 11 da lista provincial do seu partido nos pasados comicios autonómicos de setembro, xurará o cargo no próximo pleno do Hórreo e incorporarase ao traballo parlamentario no grupo do Partido Popular de Galicia. 


Miranda converterase no segundo deputado pola circunscripción de Ourense en deixar o seu escano logo de que a que fóra cabeza de lista, Marisol Díaz fose tamén nomeada Delegada da Xunta en Ourense, deixando o seu oco ao número 10 da lista, Antonio Mouriño.


Gómez xa ten manifestado nas últimas semanas a súa intención de continuar coa súa acta de edil no consistorio limián, que a lei permite compatibilizar co cargo de deputado autonómico. 
Carlos Gómez Salgado, nado en Xinzo de Limia no 1960, é técnico especialista en prótesis dentais e diplomado en Hixiene Dental. Na actualidade é responsable do departamento de prótesis dental no centro de especialidades de Xinzo de Limia. 


Entre os anos 2012 a 2015 foi concelleiro de Cultura no mesmo municipio e, dende o 2015, é concelleiro de Economía e Facenda, Turismo, Comercio e Promoción Económica na capital da Limia. Foi, xunto co presidente provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente, o único limián presente na lista electoral do PPdeG nas eleccións galegas do mes de setembro. 

Te puede interesar