A Limia

Elvira Lama pide melloras no Centro de Saúde de Xinzo de Limia

A Limia

Elvira Lama pide melloras no Centro de Saúde de Xinzo de Limia

A alcaldesa limiá transmitiu as demandas feitas polas responsables de coordinación do centro

A rexedora de Xinzo, Elvira Lama, acompañada do edil de Deportes, Rafael Penabad, achegaronse ata Ourense para poder manter unha xuntanza de traballo coa Xerencia da Xestión Integrada de Ourense, da que é titular Félix Rubial. Neste encontro, a alcaldesa socialista transmitiu as demandas e as eivas feitas en días pasados polas responsables de coordinación e dirección do Centro de Saúde de Xinzo coas que tamén se reuniu recentemente. 

As peticións plantexadas, tanto en dotación de persoal e dotación material, como en melloras en infraestruturas, foron analizadas punto por punto, a falta de que se poidan concretar algunhas delas nun curto espazo de tempo. A primeira edil limiá fixo unha valoración positiva deste encontro e sinalou que o Centro de Saúde de Xinzo "é un dos que mellor funciona da provincia", tanto polo alto grao de implicación do persoal, como pola coordinación do mesmo, recoñecendo ambas partes a "escaseza de persoal", e de espazos para que a matrona poida realizar os seus exercicios.

Más en A Limia