PROVINCIA

O Entroido de Vilariño, festa de interese turístico

<p></p>
photo_camera Boteiros e Fulión, iguras emblemáticas do Entrido de Vilariño de Conso.

A Xunta tamén deu a mesma distinción á Xuntanza de Gaiteiros de Monterrei

O Entroido de Vilariño de Conso e a Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei foron declaradas "Festas de Interese Turístico Autonómico" pola Xunta de Galicia. Estas declaracións son as primeiras outorgadas tras a aprobación do novo decreto para a regulación da declaración de festas de interese turístico, unha normativa máis esixente, que incrementou a antigüidade mínima para acreditar o enraizamento da festa e incorporou novos requisitos e criterios de valoración, co que se persigue conceder ás declaracións un recoñecemento e prestixio que se corresponda coa importancia da distinción.

Con relación ao Entroido de Vilariño de Conso, a Xunta considera que "constitúe unha das manifestacións populares máis importantes do inverno en Galicia". Sinala a Administración galega que esta celebración "forma parte dunha festa que é case universal, pero que ten elementos únicos que a dotan de gran valor etnográfico". Resalta do Entroido de Vilariño a súa personaxe estrela, o Boteiro, "e outros elementos singulares como a foliada, o Fulión, as carrozas que representan oficios ou a fariñada, "que atraen a este municipio ourensán cada ano a miles de turistas.

Sobre a Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei, a Administración galega sinala que se ven celebrando desde 1985, cunha primeira etapa itinerante, xa que cada ano se celebraba nun concello da provincia, pero que en 2015 declarou o castelo de Monterrei como sede permanente.

A súa singularidade para acadar a denominación de Interese Turística Autonómica "ven dada tanto polo lugar onde se celebra como por ser o único festival monográfico sobre as gaitas do mundo, tanto a nivel galego como estatal".

Te puede interesar