"O Entroido volve, a vida non", o chamamento á responsabilidade aos veciños de Xinzo

XINZO DE LIMIA (PRAZA MAIOR). 07/02/2021. OURENSE. La cifra oficial de positivos por COVID-19 en Xinzo de Limia parece que comienza a bajar lentamente. FOTO: ÓSCAR PINAL
photo_camera Praza Maior de Xinzo (FOTO: ÓSCAR PINAL)

Diferentes colectivos da vila uniron as súas voces para concienciar aos veciños da importancia de quedarse na casa e evitar reunións 

Xinzo de Limia non celebrará este ano o seu Entroido debido á situación sanitaria. Malia que o Concello e a Comisión do Entroido cancelaron todos os actos festivos, varios sectores da vila xuntáronse para lanzar unha mensaxe de responsabilidade baixo o lema ""O Entroido volve, a vida non". Profesorado dos centros públicos de Xinzo, persoal sanitario, Policía Local, Protección Civil e o Goberno local uniron as súa voces nun vídeo para pedirlle aos veciños que se coiden e que sexan responsables, evitando calquera celebración ou reunión nestas datas.

Te puede interesar