Entroido

O Entroido de Xinzo prevé máis actividades para a edición do 2021

Xinzo de Limia 5/3/20
Rueda de prensa de Elvira Lama para hacer balance del entroido
Iván Prado,Elvira Lama,Ramiro Rodríguez
Fotos Martiño Pinal
photo_camera Iván Prado, Elvira Lama, e Ramiro Rodríguez durante a rolda de prensa. (Foto: Martiño Pinal)
A organización cifrou en 150.000 os visitantes que se achegaron este ano

Coa celebración, o pasado domingo, do desfile e a Piñata chegou o final do Entroido de Xinzo e, tras el, toca facer balance. Por este motivo, membros da comisión e representantes do Concello de Xinzo reuníronse no salón de plenos do edificio municipal, e tamén para deseñar novos cambios e actividades de cara ao vindeiro ano que contribúan a facer máis atractiva a festa e a potenciar elementos como o Museo Galego do Entroido. 

Segundo a organización, preto de 150.000 persoas visitaron o Entroido limiao neste 2020, un ano, segundo dixo a rexedora local, Elvira Lama, "sen graves incidentes". Nesta liña, a alcaldesa socialista adiantou que se convocará, proximamente, a todos os actores do Entroido para chegar a acordos que melloren unha celebración que foi, en palabras de Lama, "a mellor dos últimos anos". Ademais, engadiu, "non escatimaremos esforzos en buscar fórmulas imaxinativas e creativas que faciliten unha maior implicación económica principalmente dos pequenos negocios e dos veciños a título particular e procuraremos atopar unha fórmula que garanta que o Entroido transcenda aos cinco fins de semana a través de múltiples actividades, aproveitando que temos o Museo Galego do Entroido, único no territorio español". 

O concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, destacou o concerto de King África como un dos días con maior afluencia á praza Maior e subliñou o labor das forzas e corpos da orde e da Axega en materia de seguridade.

Te puede interesar