RURAL OURENSANO

Estudantes de Educación Social visitaron o CDR O Viso de Lodoselo

<p></p>
photo_camera O grupo de educadores.

Na actividade, que durou dous días, participaron uns 18 alumnos, que coñeceron a labor do centro no rural

Estudantes de terceiro curso do grao en Educación Social de Ourense, acompañados de tres dos seus mestres, visitaron durante dous días o Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso de Lodoselo, para coñecer, de primeira man, a súa labor no ámbito rural.

Na primeira xornada, as educadoras sociais do CDR explicáronlles os diferentes programas nos que interveñen. Despois puideron coñecer Lodoselo, a súa cultura, a súa historia e a súa xente, a través dun xogo de pistas.

Os estudantes universitarios, que compartiron unha cea cos traballadores do centro limiao, tamén escoitaron a historia do CDR da man dun dos seus promotores.

Ao día seguinte, os 18 alumnos abordaron distintas actividades. Unha delas consistiu na elaboración de pan no antigo forno do pobo e de "bolos preñados" que eles mesmos comeron na merenda de despedida que celebraron pola tarde.

Tamén tiveron a oportunidade de coñecer a Virginia e Arantxa, que presentaron os seus proxectos "Creando Vínculos" e "globus Natura".

Te puede interesar