A Feira das Mozas volve a Xinzo con máis actividades

undefined
photo_camera Ramiro Rodríguez, Elvira Lama, Iván Prado y Leticia Diz.
Ao longo do día de hoxe haberá música itinerante, unha verbena “como as de antes” e un mercado de artesanía na praza dos Ovos

A Feira das Mozas regresará hoxe sábado a Xinzo con novas actividades dentro da programación. A Asociación A Pantalla, en colaboración co Concello de Xinzo, recuperou este evento o pasado ano como un exemplo da riqueza histórica e etnográfica da vila. E é que esta iniciativa recupera a famosa “feira do 14 de maio”, data na que se daba a benvida ao bo tempo na capital limiá e os mozos e mozas que non tiñan parella aproveitaban a ocasión para coñecerse e pasear. 

Ao longo do día de hoxe haberá música itinerante, unha verbena “como as de antes” e un mercado de artesanía na praza dos Ovos -é unha das novidades desta edición-, entre outras propostas. A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama e o titular de Cultura, Ramiro Rodríguez, presentaron, xunto  a Iván Prado e Leticia Diz - da Asociación A Pantalla- a programación desta nova entrega da festa. 

Lirolaio, Tarde Piache, Cidade de Antioquía, Os Ghalos D´Antioquía e Oxeito poñerán a nota musical. A Mostra de oficios e saberes populares instalarase fronte ao Cárcere e haberá tamén xogos populares na Rúa dos Viños. Neste mismo punto poderá visitarse a mostra “A Feira de Xinzo a través do tempo”.

Te puede interesar