A Limia

As feiras volverán a Xinzo logo de catro meses de suspensión

A Limia

As feiras volverán a Xinzo logo de catro meses de suspensión

Xinzo de Limia 27/5/20
Feria en Xinzo

Fotos Martiño Pinal
photo_camera Unha das feiras celebradas en Xinzo durante a primeira desescalada. Foto Martiño Pinal.
Os vendedores ambulantes poderán tramitar as súas licenzas ata este venres. 

Os mercadillos locais recuperaranse en Xinzo despois de catro meses de suspensión. O equipo de goberno que lidera a socialista Elvira Lama decidiu cancelar as feiras debido á mala situación -chegouse a un pico de 247 contaxiados o pasado mes de xaneiro- que atravesou a vila por mor do covid-19.

Logo de experimentar un descenso continuado do número de casos activos na vila e tendo en conta que este venres entrarán en vigor unhas medidas menos restrictivas, o Concello de Xinzo decidiu, despois dunha reunión celebrada este martes entre a rexedora local, Elvira Lama; o concelleiro de Tráfico, Ramón Gómez e o xefe da Policía Local, Germán Bolaño -e para ledicia dos vendedores ambulantes-, permitir a celebración da feira deste sábado, día 27 de febreiro. 

Segundo matizaron dende o ente local, estará aberta a todo tipo de postos, sempre e cando teñan ao día a licenza de venda ambulante, de tal maneira que poida haber "un maior control sobre a seguridade e o aforo dentro de recinto que se habilitará para a instalación dos mesmos". Neste senso, para esta feira, os e as ambulantes que non estean en posesión da licenza poderán tramitala ata o venres. Para os mercadiños do resto do ano, o Concello habilitará un novo prazo excepcional ata o próximo 14 de marzo, data da primeira feira do vindeiro mes. 

A feira terá lugar nas rúas Alexandre Bóveda, a explanada do Toural e tamén parte da rúa Carmen Nóvoa. Haberá un dispositivo especial de seguridade.