Tráfico

Formación para frear os sinistros con tractor

A maior parte destes accidentes os sofren persoas maiores de 65 anos e non teñen a consideración de sinistros laborais

Mozos que participan nos ciclos de formación profesional das ramas agraria e de industrias alimentarias do Instituto Cidade de Antioquía de Xinzo participaron nunha webinar -unha conferencia en liña- sobre o uso seguro dos tractores nos sectores agrario e forestal. 

O obxectivo da iniciativa "A túa vida sen voltas", promovida dende a Consellería de Emprego e Igualdade, é reducir os accidentes a bordo de este medio de transporte e traballo tan empregado na Limia. A previsión é, tal e como subliñan dende o departamento autonómico, chegar ao maior número posible de agricultores, gandeiros, traballadores forestais e todos aqueles que teñan relación coa utilización do tractor no agro galego.

Deste xeito, para o desenvolvemento da campaña contouse tamén coa colaboración da Axencia da Industria Forestal, dos axentes sociais e das principais cooperativas galegas. A iniciativa inclúe, así, a distribución de 600 carteis divulgativos e técnicos e tamén un documento técnico específico. 

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia -tamén participa o nacional- lembra que unha gran maioría dos sinistros co tractor non teñen a consideración de accidentes de traballo, xa que os sofren en gran número persoas maiores de 65 anos. En Galicia, entre os anos 2016 e o primeiro semestre de 2020, producíronse tres accidentes laborais mortais por envorco.

Te puede interesar