FOTOGRAFÍA

O fotógrafo Gabriel Tizón visitou o Instituto Cidade de Antioquía

Un momento da charla que o fotógrafo ofreceu en Xinzo.
photo_camera Un momento da charla que o fotógrafo ofreceu en Xinzo.

O alumnado traballou durante toda a semana con imaxes do profesional para elaborar un "storytelling"

O fotógrafo ferrolán Gabriel Tizón visitou esta semana o Instituto Cidade de Antioquía de Xinzo co obxectivo de amosar aos estudantes a cruel realidade que milleiros de persoas están sufrindo mentres intentan fuxir do seu país. 

Tizón, membro de empresas e medios de comunicación nacionais e internacionais, e que ademais colabora con asociacións culturais realizando traballos en países como Arxelia, Senegal, Indonesia, Croacia ou Guinea, desprazouse ata a vila limiá e manifestoulles aos alumnos que participaron na charla que el soamente "fotografía a xente que admira" e, neste senso, "os homes e mulleres que fuxen da guerra ou da fame, para el, son dignos de admiración". 

Por outra banda, sostivo que unha fotografía debe transmitir emocións e que, se non o consegue, "é un mal traballo". 

Dende o centro explicaron que Tizón "viaxou por países de todo o mundo coa súa cámara sempre preto", pero confesou que as mellores fotos non as puido facer xa que, ante determinadas situacións, "decidiu tirar a cámara a un lado e axudar". O alumnado de 3º, e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato traballou durante toda a semana coas fotos de Tizón para elaborar un "storytelling".

Te puede interesar