FORMACIÓN

Os futuros axudantes de cociña están de prácticas

20161107220456751_result
photo_camera Parte dos participantes no curso de formación, nas instalacións do CDR O Viso.

O obxectivo deste curso é "formar persoas para mellorar a súa empregabilidade no sector da hostalería"

O alumnado do curso de axudante de cociña do CDR O Viso deixa Lodoselo para se enfrontar ás prácticas en diferentes empresas da comarca. Tras catro intensas semanas de formación, os alumnos aprenderon de cociña e melloraron a súa capacidade de traballo en equipo.


"O obxectivo do curso está cumprido", afirman dende a organización.  "Nós procuramos formar ás persoas participantes como axudantes de cociña obtendo así unha cualificación profesional que lles axude a mellorar a súa empregabilidade no sector da hostelería", conclúen.

A gran marioría dos estudantes xa se atopan realizando as súas prácticas en locais pertencentes aos concellos de Sandiás, Sarreaus, Trasmiras e Xinzo de Limia. Corenta horas de prácticas terán que realizar para acadar o título e mergullarse no mercado laboral. 


Os responsables do curso quixeron "agradecer a posibilidade" de facer a formación "á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia que financiou esta actividade a través da convocatoria para entidades de iniciativa social".

O obradoiro tamén estivo cofinanciado parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. 

Te puede interesar