A Limia

Gabriel Alén visitou as zonas afectadas polos lumes forestais

A Limia

Gabriel Alén visitou as zonas afectadas polos lumes forestais

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, viaxou ata os municipios de Rairiz de Veiga, Cualedro e Monterrei para interesarse pola situación logo dos incendios forestais acaecidos este verán. Trátase da primeira saída como novo responsable da Administración Autonómica na provincia.

Durante a visita, Alén agradeceu e puxo en valor o traballo dos servizos de extinción mobilizados, así como dos medios de emerxencias despregados. Así, lembrou que máis de 2.000 profesionais e 38 medios aéreos se despregaron esa fin de semana para atender aos incendios que tiveron lugar.

Más en A Limia