seguridade

A Garda Civil de Baltar dará unha charla para previr timos

A cita, gratuita, será o xoves, día 25 de abril, na Casa de Cultura da localidade

A Cruz Vermella de Xinzo, en colaboración coa Garda Civil, promoverá unha charla no concello de Baltar coa que se intentará previr os roubos, timos e estafas, principalmente, aos maiores que viven no eido rural. 

A cita será o xoves, día 25 de abril, e desenvolverase na Casa de Cultura da localidade, tamén coñecida como Nelson Zumel. 

A entrada será libre para todo o público e, para poder obter máis información ao respecto, as persoas interesadas poderán contactar co teléfono 988 46 25 41 ou ben achegarse ás oficinas da Cruz Vermella na comarca, ubicadas na estación de autobuses de Xinzo de Limia.

Te puede interesar