ROUBOS

A Garda Civil realiza controis de gasóleo nos coches de Xinzo

O obxectivo é evitar os roubos de motores de arranque dos sistemas de rego, baterías e gasóleo agrícola, aos productores de pataca limiaos.

A Garda Civil de Xinzo en colaboración coa Policía Local, realiza xa labores de vixilancia nas zonas de rego da comarca, co obxectivo de evitar os roubos de motores de arranque dos sistemas de rego, baterías e gasóleo agrícola, aos productores de pataca limiaos. Ata o momento, os agricultores denunciaban que as sustraccións producíanse polas noites pero tal e como explicou o alcalde de Xinzo, os infractores "mudaron o seu modus operandi e agora actúan de día". Neste sentido o rexidor local sinalou que se reforzará o servicio de vixilancia da Garda Civil durante as horas de luz e, ademais, os axentes farán controis de gasóleo. "Sábese que o combustible roubado temina sendo empregado en coches", engade Antonio Pérez. "Xa se fixeron varios controis de gasóleo. A Garda Civil para o coche, sacan unha mostra e cun aparello xa se sabe de qué tipo de combustible se trata o que leva o vehículo", engade. No caso de que os axentes determinen que se trata de gasóleo roubado, as multas poderían rondar entre os 1.500 e os 3.000 euros. 

"Dende o Concello faremos un reforzo da Policía Local durante as fins de semana", sinalou Antonio Pérez. "Trataremos de coller máis zonas, seguramente nós actuaremos en pobos próximos a Xinzo por un tema de operatividade. Xa están en contacto o capitán da Garda Civil co xefe da Policía Local para coordinarse neste sentido".
 

Te puede interesar