PROVINCIA

O GDR Limia Arnoia terá 1,7 millóns para proxectos

<p></p>
photo_camera Un momento da visita da conselleira Ángeles Vázquez.

Esta entidade levará a cabo 133 iniciativas para dinamizar o entorno rural

O Grupo de Desenvolvemento Rural Limia Arnoia que abrangue 25 concellos das comarcas de Celanova, Allariz-Maceda, A Limia e a Baixa Limia recibirá máis de 1,7 millóns de euros en dúas convocatorias -a que corresponde á anualidade 2017/2018 e á 2018/2019- para poñer en marcha novos proxectos que dinamicen o rural.

Neste senso, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, realizou unha visita por varios municipios da zona para coñecer, en primeira persoa, as iniciativas implantadas grazas aos fondos Leader.

No municipio de Porqueira, a explotación areeira de Míllaras recibiu unha axuda de 100.000 euros para modernizar a súa maquinaria e renovar a instalación eléctrica.

En Vilar de Santos apostouse polo social, concretamente, pola atención ás mulleres, ás persoas de mobilidade reducida e pola modernización da aula Cemit. En Vilar de Barrio reformouse un velorio cunha achega de 5.100 euros.

Te puede interesar