A Limia

O goberno de Xinzo xestionará oito millóns de euros en 2017

A Limia

A LIMIA

O goberno de Xinzo xestionará oito millóns de euros en 2017

O Pleno da Corporación debate hoxe as contas, das que 500.000 euros serán destinados a investimentos 

O Goberno municipal de Xinzo xestionará uns orzamentos de oito millóns de euros no próximo ano 2017.Esta cifra supón un aumento de 400.000 euros con respecto aos orzamentos de 2016. A mitade deste presuposto, catro millóns de euros, irá destinada a gastos de persoal. Doutra banda, o 36% dos orzamentos irán destinados aos gastos correntes, que son aqueles dos que depende a iluminación, auga, mantemento dos edificios públicos... Esta partida incrementarase en 500.000 euros con respecto ao ano anterior.

Sin embargo, a subida máis drástica dos presupostos é a partida destiñada a "inversións reais", que pasa dos 60.000 euros que se reservaran nos presupostos de 2016 aos 500.000 previstos para 2017. O fondo de continxencia do ano 2017, destinado a gastos imprevistos, descende a 60.000 euros, fronte aos 90.000 euros que se destinaran para este fin en 2016.

En canto ao capítulo dos ingresos, a cifra máis elevada, 3,9 millóns de euros, virán dos impostos directos, entre os que se atopa o Imposto sobre Bens Inmobles (IBI). Nestes presupostos, por primeira vez nos últimos catro anos conxélase o IBI, que chegara a ascender ata un 60% tras a aplicación do Plan de Axuste do Concello nos últimos anos. En 2017 os veciños seguirán pagando o 0,59% o IBI urbano e nun 0,58 % o rústico.

Un terzo dos ingresos totais, 2,7 millóns, dependerá de "transferencia correntes", que son as cantidades que o Concello percibe de impostos directos e de administracións públicas. Os ingresos por "taxas, prezos públicos e outros ingresos", tales como licenzas de aperturas, vados... ascenden a 1,2 millóns de euros.

Unha das grandes novidades destes orzamentos é a supresión de catro postos de traballo, correspondentes a dous oficiais de primeira (electricista-brigada), un empregado da piscina e un letrado. A amortización destas prazas suporán un aforro de 118.732 euros. Por outra banda, os presupostos tamén contemplan a oferta de dúas prazas para a policía local á que se terá acceso por medio de oposición libre.

Outro dos puntos clave destes presupostos propostos para o ano 2017 é a anulación do Plan de Axuste no referente ao salario dos traballadores laborais do Concello. Nos orzamentos do ano 2012 procedérase á redución nun 15,11 por cento dos soldos dos empregados laborais do Concello. En 2014 aprobouse unha revisión da minoración establecida con anterioridade no Plan de Axuste e procedeuse a reducir a un 7,5 por cento a diminución salarial. O Goberno municipal propón agora a completa anulación da baixada salarial dos traballadores, polo que volverían a percibir os soldos establecidos no ano 2011, antes da aplicación do Plan de Axuste.

Estes presupostos serán debatidos no transcurso do pleno municipal que se celebrará hoxe, a partir das 11,00 horas, no consistorio, en cuxo orde dodía figuran, ademais, os decretos firmados pola alcaldía, a aprobación da Conta Xeral de 2015 e o alcalde dará conta dunha proposta de modificación do plan de axuste.