Cultura

A historia da revista Nós, en mans dos veciños de Xinzo

Rafael Penabad, Luis Miguel Gil, Toni Fernández, Amador Díaz, Maribel Outeiriño, Elvira Lama, José Alfaro, Manuel Pérez, Ramón Gómez y Manuel Cabas (MIGUEL ÁNGEL).
photo_camera Rafael Penabad, Luis Miguel Gil, Toni Fernández, Amador Díaz, Maribel Outeiriño, Elvira Lama, José Alfaro, Manuel Pérez, Ramón Gómez y Manuel Cabas (MIGUEL ÁNGEL).
Durante 15 días, os limiaos poderán acceder a ilustracións, textos e datos da publicación galeguista

No ano 1920 vía a luz a primeira edición da revista Nós, tamén coñecida como o "Boletín mensual da cultura galega". A publicación, impulsada por escritores ourensáns sen os cales a cultura galega non se entendería como tal a día de hoxe, vén de cumprir un século de vida. 

A mostra que conmemora este feito histórico, culturalmente falando, "Nós naceu en Ourense hai 100 anos", acaba de deixar atrás a fronteira da capitalidade ourensá -ocupou a rúa do Paseo durante os últimos 30 días- para amosar a historia dunha xeración e unha publicación inéditas aos veciños dos entornos máis rurais da provincia, sendo Xinzo de Limia e, concretamente, a Praza Maior da vila, a súa primeira parada. "É un orgullo e unha honra que Xinzo sexa a primeira vila á que vai a recalar esta magnífica exposición", opinou a rexedora de Xinzo, Elvira Lama. "É moi didáctica e moi visual. La Región, en colaboración con outros organismos -Xunta, Diputación e Coren- está dando a coñecer o que foi a revista Nós. Insignes escritores formaron parte dela e pasaron vicisitudes para poder levala adiante, e é que na súa época a cultura galega, o idioma e o feito de escribilo nunha revista era un pouco difícil", engadiu a alcaldesa limiá.

Dende o Concello de Xinzo xa se puxeron en contacto cos colexios e institutos da vila para que, cumprindo coas medidas sanitarias e hixiénicas, os estudantes se poidan achegar a coñecer a mostra en primeira persoa durante os vindeiros días. "Pensamos, quizáis, nos que están nestes momentos recibindo a materia de Historia da Literatura Galega do Século XX co obxectivo de que coñezan a historia da revista "Nós" e o que significou para ese tempo, así como a gran variedade de artistas, non só escritores, que participaron nela", engadiu a alcaldesa limiá que estivo acompañando á organizadora da mostra, Maribel Outeiriño, no acto de inauguración este martes a mediodía. Tamén participaron no acto o tenente de alcalde de Xinzo, Amador Díaz; o director de publicidade de La Región, José Alfaro, e concelleiros do grupo de goberno e da oposición. A mostra estará na vila limiá durante 15 días.

"Fueron comerciantes ourensanos los que la sostuvieron con su publicidad"

A xornalista Maribel Outeiriño, promotora desta mostra, achegouse á vila limiá para inaugurala. "La ubicación elegida está muy bien, es muy fácil seguir el hilo. El fin es celebrar los 100 años de la revista Nós y destacar que nació en Ourense y fue hecha, principalmente, por ourensanos. Fueron comerciantes ourensanos los que, durante un tiempo, la sostuvieron con su publicidad. La mires por donde la mires Ourense está ahí".

Te puede interesar