Os hostaleiros da Limia recolleron xoguetes para 40 familias

undefined
photo_camera Víctor Rodríguez e Alberto Rúa.
A iniciativa conseguiu recaudar máis de 200 xoguetes e outros 300 euros en doazóns

Foi a súa primeira campaña como asociación: os hostaleiros da Limia, reunidos nunha agrupación dende o pasado 26 de novembro, decidiron que os fins solidarios debían ser protagonistas no seu arranque común. Neste senso, a campaña Xoguetes Solidarios, presentada no salón de plenos do Concello de Xinzo a mediados do pasado mes de decembro, rematou esta semana cun grande éxito, e proba desto foi a solidariedade amosada por parte dos veciños de Xinzo que colaboraron con esta iniciativa, xa que os hostaleiros foron quen de recadar máis de 200 xoguetes e outros 300 euros en doazóns nos chamados petos das ilusións -con eses fondos mercáronse máis xoguetes nos locais da vila- en tempo "récord" para aportar, deste xeito, "o seu grao de area" coa finalidade de evitar que os cativos de familias con menos recursos "pasasen os reis sen un sonriso". 

Dende a agrupación de hosteleiros que dirixe Alberto Rúa quixeron agradecer, ademais, a colaboración do Concello de Xinzo nesta acción, así como do resto das asociacións implicadas no proceso de reparto. Unha desas entidades foi o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, que onte informou de que as súas educadoras "encargáronse de revisar, embalar e repartir os xoguetes adecuadamente entre as familias desfavorecidas para que ningún neno quedara sen agasallos este día -por onte- tan sinalado na nosa tradición". O reparto chegou a máis de corenta familias, tal e como sinalaron dende O Viso. "Outro mundo é posible se todas as persoas colaboramos", asegurou o concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez.

Te puede interesar