Impulso en Vilar de Santos á rehabilitación

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Xan Jardón.
photo_camera A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Xan Jardón.
Avanzar na rehabilitación urbanística do Concello de Vilar de Santos e amosar o compromiso da Xunta foi o obxectivo do encontro que a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, mantivo co rexedor de Vilar de Santos, Xan Jardón, nos últimos días. Vázquez animou, neste senso, ao alcalde asegurando o compromiso do departamento autonómico para continuar traballando a través da Área de Rehabilitación Integral. A ARI de Vilar de Santos está activa dende xuño de 2011 e, na última convocatoria, a de 2020, este Concello recibiu un importe de case 40.000 euros para continuar coa recuperación do patrimonio edificatorio do municipio da Comarca da Limia. Estes investimentos súmase á axuda concedida ao Concello ao abeiro do Programa de rehabilitación de vivendas de mestres e outros oficios, xa que a Xunta achegou unha axuda de case 32.500 euros. A conselleira de Medio Ambiente invitou ao rexedor municipal "a seguir e continuar por dita senda de traballo", pois a coa recuperación do patrimonio dun concello "se sentan as bases para a recuperación e dinamización das vilas, ao tempo que se fomentan o turismo sostible e respectuoso". Ángeles Vázquez salientou a implicación do Goberno coa rexeneración urbana ourensán.

Te puede interesar