A LIMIA

Inaugurada a exposición de fotos de Matilda Anderson

20171219214111338_result
photo_camera Autoridades y responsables de Abanca, durante la inauguración de la exposición en el Casino Antelano.

As imaxes constitúen un relato documental dunha época de transición, debido á entrada de potentes aires de cambios procedentes de Europa da man dos intelectuais do grupo Nós

Abanca, Afundación e o Concello de Xinzo de Limia presentaron a mostra "Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia". Os fondos que articulan esta exposición proceden da prestixiosa institución neoiorquina "The Hispanic Society of America", que atesoura a colección de arte hispana máis importante alén do territorio español. 

As imaxes seleccionadas, setenta en total, pertencen ao relato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe a Galicia entre os anos 1924 e 1926, baixo o mandato do filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. 

As imaxes constitúen un relato documental dunha época de transición, debido á entrada de potentes aires de cambios procedentes de Europa da man dos intelectuais do grupo Nós. 

Ao acto de inauguración acudiron o alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, a directora de zona de Abanca, María José López, o presidente do Casino Antelano, Arsenio Martínez e a coordinadora de Afundación, Beatriz Fernández. 

Te puede interesar