José Luis Casas, capitán da Garda Civil, recibirá a Medalla de Xinzo

2021011108213085405
photo_camera O capitán da Garda Civil José Luis Casas.
Traballou a prol da seguridade na capital da Limia durante unha década

O Concello de Xinzo renderá homenaxe no vindeiro pleno municipal -15 de abril- a José Luis Casas Rivero, tenente na capital limiá durante unha década. O garda civil, que acaba de lograr o seu ascenso a capitán, recibirá tamén a Medalla de Xinzo de mans da Corporación. 

Dende o Goberno local destacaron a "dedicación" de Casas, que actualmente agarda un novo destino, durante todos estes anos en Xinzo "a prol da seguridade dos veciños". Do mesmo xeito, remarcaron a súa colaboración coa Policía Local, sendo nestes momentos Xinzo "un modelo neste sentido". Esta relación de colaboración chegou ata a elaboración do Plan de Autoproteción do Entroido.

Nado en Vilardevós en 1970, o agora capitán foi recompensado coa Cruz do Mérito Militar con distintivo branco; coa Cruz de Prata Orden do Mérito da Garda Civil; Cruz da Real e Militar Orde de San Hermenexildo e ca Encomienda da Real e Militar Orde de San Hermenexildo.

No tocante á súa traxectoria profesional, superou a oposición no corpo tralo seu paso pola Academia de Baeza logo dun ano de garda en prácticas no posto de Riós. En 2010 ascendeu a tenente e obtivo destino na Compañía de Celanova como adxunto da mesma e con sede en Xinzo. O ascenso a capitán chegou o 6 de setembro de 2020.

Te puede interesar