TALLERES

Lodoselo acolle un obradoiro sobre diabete e nutrición

erá lugar o vindeiro mércores 16 de novembro, ás 17,00 horas, no seu Centro de Inclusión en Lodoselo.

Con motivo do Día Mundial da Diabete, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organiza un obradoiro de saúde dirixido a todos aqueles que queiran coñecer máis sobre esta afección. Terá lugar o vindeiro mércores 16 de novembro, ás 17,00 horas, no seu Centro de Inclusión en Lodoselo. Na xuntanza formativa falarase sobre como previr a doenza, como reducir as súas complicacións e como mellorar a calidade de vida das persoas que a padecen. 
A organización contará con dúas persoas expertas en todo o relacionado con esta enfermidade, tipos de diabetes, o seu tratamento, pé diabético, cómo se debe inxectar a insulina. Trátase da enfermeira e podóloga Miriam Dorado e do farmacéutico experto en dietoterapia, Pablo García Vivanco.O obradoiro está financiado pola Obra Social "la Caixa" e a Xunta de Galicia.n

Te puede interesar