Educación

Este luns abre o prazo para inscribirse na escola de Sandiás

No Punto de Atención á Infancia coidanse a nenos de entre cero e tres anos de idade e conta con 20 prazas.

O Concello de Sandiás ven de anunciar a apertura do prazo para que as familias poidan inscribir aos seus fillos no Punto de Atención á Infancia (PAI) do municipio. Os trámites poderán realizarse a partir de mañá luns, día 18 de maio, e ata o vindeiro 18 de xuño -ámbolos dous incluidos-. 

A documentación necesaria será o modelo de solicitude oficial debidamente cumprimentado, toda a documentación acreditativa da situación familiar -libro de familia, documento nacional de identidade e certificado de empadroamento- e tamén da situación económica e da situación laboral dos proxenitores. 

Todo este material terá que presentarse en dependencias municipais en días laborables -de luns a venres- en horario de 09,00 horas da mañá, ata ás 14,00 horas da tarde. No Punto de Atención á Infancia coidanse a nenos de entre cero e tres anos de idade e conta con 20 prazas.

Te puede interesar