Manuel López: "A man tendida á oposición non é un dito, é un feito. Teñen ideas moi útiles"

2op6933ss
photo_camera Manuel López Casas en el momento de recoger el bastón de mando.

O novo rexidor de Xinzo sinala que os seus primerios desexos do mandato son o "diálogo, o consenso e o acercamento de criterios cos membros da oposición"

 "Diálogo, consenso e acercamento de criterios cos membros da oposición" foron os primeiros desexos do novo alcalde de Xinzo de Limia, Manuel López Casas, quen pretende seguir unha liña conciliadora e continuista co proxecto do exrexedor, Antonio Pérez. Natural de San Pedro de Laroá, pobo do que se mostra orgulloso en todas as súas manifestacións e actos públicos, e maestro de profesión, o novo primeiro edil do Concello é de sobra coñecido polos veciños da vila, cos que asegura manter un trato directo. López Casas tamén lanzou unha mensaxe aos seus compañeiros do PP local: "Debemos ser capaces de antepoñer os asuntos que lle interesan á xente de Xinzo aos asuntos partidarios". 

Está satisfeito coa súa elección como alcalde de Xinzo?

Estou satisfeito, encantado e feliz. 

E co respaldo da maioría da Corporación Municipal?

Síntome moi ben de contar co apoio dun grupo que vai a estar aí ao meu carón traballando por Xinzo. Por outra banda, gustaríame dicir que a man tendida á oposición non é un dito senón un feito. Sempre me gustou consensuar propostas con distintos grupos porque adoitan ter ideas moi útiles. Gustaríame traballar nesa liña, todos os días e dende xa mesmo. 

Pretende seguir unha liña conciliadora?

Sí, conciliadora e de continuidade cun proxecto que xa había anteriormente e que iniciou Antonio Pérez. 

Que destacaría do seu predecesor no cargo?

De Antonio entendín a capacidade de traballo, de liderazgo, de compromiso con Xinzo e de loitar día a día para conseguir cousas para este pobo. Penso que esta vila perdeu un moi bo alcalde. Él renunciou porque entendeu que así o tiña que facer e hai que respectalo, pero agardo que, en breve, regrese á política coa forza que ten e coa súa valía porque é importante para Xinzo. 

En que aspectos máis inmediatos vai a traballar ao longo deste ano que resta de lexislatura?

Temos un plan de traballo e uns proxectos xa en marcha, algúns destes últimos son de execución inmediata como a rehabilitación da Rúa do Peto, a de Santa Mariña e a da Igrexa. Por outra banda temos que seguir pelexando polo plan de regadío, erradicar dunha santa vez os vertedoiros, recuperar a zona onde está a báscula e, dende logo, co superávit que temos que non é menor pois falamos dunha cantidade de millón e medio de euros, acometer obras importantes tanto na avenida de Madrid como na avenida de Ourense, as arterias principais da vila .

En que punto está a reforma da avenida de Celanova, unha das máis demandadas pola cidadanía?

Agardamos que, xunto coas obras anteriores, esté executada antes de que finalice este ano. 

Como vai a afrontar o feito de pasar de ser a man dereita de Isaac Vila no seu momento e de Antonio Pérez nos últimos anos a ser agora o rexedor local?

Eu xa lle adicaba moitas horas a traballar polo Concello de Xinzo e, o que vou a facer agora, e redobrar esforzos e contar, por suposto, co meu equipo. A xestión dun Concello non é cousa dunha persoa sola, é algo que corresponde a varias neste caso, e eu confío no meu equipo.

Te puede interesar