A Limia

Un manifesto e actividades nos centros educativos no 8-M de Sandiás

A Limia

Un manifesto e actividades nos centros educativos no 8-M de Sandiás

foto mural
photo_camera Cativos participantes do campamento Concilia pola Igualdade de Sandiás. (Cedida).
O Consistorio abriu hoxe mércores o prazo para participar na iniciativa "Expresando a igualdade"

O Concello de Sandiás acaba de presentar as actividades e actos institucionais que integrarán o programa conmemorativo polo 8 de marzo, Día da Muller. 

Por unha banda, o Consistorio abriu hoxe mércores o prazo para participar na iniciativa "Expresando a igualdade" que consisitirá en amosar por medio dun folio o significado da palabra "igualdade" para cada persoa -será necesario tomar unha instantánea e remitila a [email protected] antes do vindeiro día 8-. 

O próximo 6 de marzo difundirase un vídeo do mural levado a cabo polos nenos e nenas do campamento Concilia pola Igualdade, así como a Xornada de Promoción da Igualdade, organizada no CEIP de Sandiás polo CDR O Viso. Tamén os nenos do Punto de Atención á Infancia de Sandiás participarán, o día 8 de marzo ás 11,00 horas, no contacontos A árbore da igualdade . Para o propio Día da Muller está prevista a lectura dun manifesto e a realización dunha ofrenda floral ao monumento á muller labrega.

Te puede interesar
Más en A Limia