MEDIO AMBIENTE

En marcha a avaliación ambiental das zonas de regadío

Na reunión púxose tamén de manifesto que nos vindeiros meses darase traslado da Declaración de Impacto Ambiental á Consellería de Medio Ambiente

A comisión de seguimento e coordinación dos regadíos da Limia constatou onte que nos últimos meses avanzouse na redacción das Declaracións de Impacto Ambiental das catro comunidades de regantes, Corno do Monte, Alta Limia, Lamas-Galada e San Salvador de Sabucedo, así coma na elaboración dun novo proxecto patrimonial adaptado á normativa.


A comisión mantivo onte a súa segunda reunión en Ourense, na que participaron os seus membros: o director xeral de Desenvolvemento Rural, o xefe territorial de Medio Rural, o alcalde de Xinzo, os presidentes das comunidades de regantes e a Asociacion de Empresarias, Grandeiros e Agricultores da Limia (Adegal).


Na reunión púxose tamén de manifesto que nos vindeiros meses darase traslado da Declaración de Impacto Ambiental á Consellería de Medio Ambiente para que proceda á súa exposición pública.
 

Te puede interesar