A marcha contra a mina de feldespato gaña apoios

O Sindicato Labrego Galego (SLG) apoia a manifestación do 27 de abril en Xinzo convocada pola Plataforma Veciñal Corno do Monte -composta por veciños de Seoane de Oleiros, Fiestras, Laroá, San Pedro de Laroá, Rebordechá, Paredes, Moreiras e Faramontaos- en contra do proxecto mineiro Faramontaos 5089.1, de Minecer SL, para a extracción de feldespato.
Dende o SLG, animaban onte a toda a súa afiliación na bisbarra da Limia a participar e apoiar a marcha de protesta que partirá do Museo do Entroido (rúa 2 de maio), as 12,00 horas.

O Sindicato Labrego Galego xa presentou alegacións contra este proxecto mineiro 'que ameaza máis de 400 hectáreas de terras de labor das máis fértiles de Galiza, cun potencial produtivo de 18 millóns anuais de quilos de patacas', segundo sinalan dende o sindicato, e onde se fixeron fortes investimentos en agricultura entre os que se atopan tres concentracións parcelarias e as instalacións de regadío da Comunidade de Regadores Corno do Monte, que abastecen de auga 1,257 hectáreas.

A empresa Minecer S.L. tramita na actualidade a concesión de licencia ante a Consellería de Economía e Industria, que resolverá a otorgación do permiso antes de este verán.

O alcalde de Xinzo, Antonio Pérez (PP), insistiú onte en que a explotación de feldespato non se abrirá e entende que a manifestación do próximo día 27 obedece máis ben a intereses políticos. 'Hai persoeiros que lles interesa crispar á poboación, estar nunha movilización constante para arañar un puñado de votos', apuntó o rexedor, recalcando que o seu grupo de goberno xa presentou alegacións y tomó varios acordos para impedir a apertura da mina de feldespato.

Te puede interesar