A LIMIA

En Marea pide a Adif viviendas para construir una residencia

A veciñanza de Borrán -Vilar de Barrio- leva tempo solicitando unha parcela á Administradora de Infraestruturas Ferroviarias, tal e como subliñou o deputado Davide Rodríguez

O Parlamento de Galicia aprobou a proposta de En Marea para solicitar a Fomento a cesión de catro vivendas abandoadas propiedade de Adif, co obxectivo de destinalas a uso residencial para maiores e logo da súa pertinente rehabilitación. Tamén da parcela anexa, para convertela nunha zona de ocio para os residentes e como espazo de interacción entre os veciños. 

A veciñanza de Borrán -Vilar de Barrio- leva tempo solicitando esta parcela á Administradora de Infraestruturas Ferroviarias, tal e como subliñou o deputado Davide Rodríguez, que sinalou que esto será "unha boa maneira de compensar a poboación desta zona polos danos ambientais sufridos coas obras do AVE". 

En Marea tamén instou ao goberno autonómico a axudar na rehabilitación das edificacións mediante a creación dunha partida específica. Neste senso, pediu executar as obras necesarias de xeito cooperativo entre o Ministerio, a Xunta e o Concello de Vilar de Barrio.

Te puede interesar