RECONOCIMIENTO

Xinzo nomeou á cantante María do Ceo filla adoptiva

09.04.15.XINZO.DA.LIMIA.CONCELLO.ACTO DE OMENAXE E NOMBRAMENTO DE FILLA PREDILECTA A MARIA DO CEO.
photo_camera María do Ceo, co alcalde de Xinzo, Antonio Pérez.

A artista presentará hoxe, na Casa da Cultura, o disco "Soños compridos

O Concello de Xinzo fixo entregou onte do título de filla adoptiva á cantante María do Ceo, pola súa vinculación coa vila, na que viviu durante catro anos, cando era unha cativa. Asimismo, coa distinción recoñécese, segundo sinalou o alclde, Antonio Pérez, a súa traxectoria musical, que serve de ponte entre Galicia e Portugal, país veciño co que Xinzo garda unha estreita vinculación.


O nomeamento foi aprobado por unaniminade nun pleno da Corporación Municipal e o acto de onte desenvolveuse no salón de sesións do Concello, coa presenza dos membros da Corporación. No mesmo o alcalde, Antonio Pérez, entregoulle á cantante o diploma do nomeamento e unha placa con memorativa.

Segundo sinalaba o concelleiro de Cultura, Carlos Gómez, onte celebrouse o acto de recoñecemento institucional e hoxe terá lugar o acto popular. Desenvolverase no auditorio da Casa da Cultura de Xinzo, a partir das 20,00 horas. No mesmo, María do Ceo presentará o seu último disco, "Soños cumpridos", con unha actuación na que estará acompañada pola Coral Santa Mariña.

Te puede interesar