COLABORACIÓN INSTITUCIONAL

Medio Rural cede parcelas a varios concellos limianos

170302_cesion_terras_ourense_2_result
photo_camera Imagen de la reunión celebrada ayer en la que la Xunta informó de las condiciones de la cesión.

La cesión ha beneficiado a los municipios de Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Porqueira y Baltar 

nnnA Consellería de Medio Rural cederá seis parcelas, propiedade do  Banco de Terras, a cinco concellos da comarca da Limia. O obxectivo da entrega é que estes terreos sexan empregados polos entes locais de Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Porqueira e Baltar, como "infraestruturas de interese social". 

Este acordo asinouse entre o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, e os rexidores dos cinco entes locais da comarca, Felipe Traveso, Sindo Lamas, Emilio Pazos, Susana Vázquez e José Antonio Feijóo. Na reunión tamén estivo presente a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz. 

Deste xeito e segundo informan dende a Consellería de Medio Rural, facilitouse un predio a cada un dos concellos mencionados, a excepción do de Trasmiras, que recibiu dúas parcelas. 

Todos estes terreos serán destinados a "instalacións de interese común en masas de concentración parcelaria", coa finalidade de "mellorar a calidade de vida dos habitantes do rural, cedendo predios para infraestruturas básicas". 

Dende a Consellería sinalan que o fin destas cesións é "facer que reverta en beneficio directo dos veciños das parroquias afectadas por procesos de concentración parcelaria a achega de parcelas que deron lugar á existencia de masas comúns". 

Por outra banda, tamén se "pretende regularizar o patrimonio da Xunta de Galicia ao ceder as leiras que non teñen interese agrario para o Banco de Terras. 

Pola Lei de Mellora de Estrutura Territorial Agraria de Galicia e a Lei de Mobilidade de Terras, Medio Rural cedeu nos últimos anos unhas 60 parcelas, as últimas o pasado 26 de febreiro a diferentes concellos da comunidade. 

Trátase de fincas de masas comúns. 

Porqueira acondicionará unha área recreativa

Os alcaldes dos concellos beneficiados por estas cesións valoran de xeito "positivo" este acordo entre a Xunta de Galicia e os Concellos de Trasmiras, Sandiás, Sarreaus, A Porqueira e Baltar. 

Segundo destacou Susana Vázquez, alcaldesa de A Porqueira, trátase dun traspaso para "o uso" e o "disfrute" dos veciños destes Concellos. 

No caso do concello de Porqueira, o terreo cedido está localizado no centro do pobo. Segundo sinalou a rexidora local, o obxectivo é "arranxar e acondicionar este entorno para convertilo nunha grande área recreativa que conte cun parque infantil". 

Os terreos do Banco de Terras  que se cederon no caso de Sandiás atópanse, na actualidade, ocupados por unha depuradora. O trámite para a cesión comezou antes da entrada do actual alcalde, Felipe Traveso, e finalizouse coa sinatura de este acordo coa Consellería de Medio Rural "Foi un trámite longo", explicou Traveso. "Pero a depuradora de Piñeira xa está construída completamente sobre ese terreo". 

Te puede interesar