Medio Rural entregará ayudas en Xinzo para la transformación agraria

José González explicou na Limia que se destinarán 26 millóns para este fin

O conselleiro de Medio Rural, José González, reuniuse cunha representación de agricultores e gandeiros da comarca da Limia -integrados na asociación Adegal-, así como de empresarios do Polígono empresarial de Xinzo. O obxectivo desta reunión, que se celebrou na sede de Adegal de Xinzo, foi escoitar as súas demandas e amosarlles as últimas novidades e axudas ás que poden optar dende o sector. Neste senso, o representante autonómico do Medio Rural destacou a nova convocatoria de axudas para a transformación e comercialización de produtos agrarios que suporá un investimento de 26 millóns de euros por parte da Xunta.

Na xuntanza tamén se abordaron outros temas como as axudas para a incorporación, o regadío ou a limpeza dos canles na zona

Tal e como explicou o propio José González, poderán beneficiarse das achegas os empresarios que afronten a construción, adquisición ou mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos. Tamén os que merquen maquinaria, equipamentos, programas informáticos ou patentes relacionadas cos procesos produtivos. Na liña das axudas, tamén se tratou a próxima convocatoria de prestacións para a incorporación de mozos ao agro. 

Sobre a limpeza de canles, o conselleiro explicou que se está elaborando un estudo para determinar as competencias sobre esta cuestión e, sobre o regadío, que está pendente de recibir as autorizacións dos veciños para poder dispoñer dos terreos necesarios e proceder á construción dos pozos de extracción da auga.

Te puede interesar