Mellorar o vial entre Xinzo e Cortegada costará un millón de euros

O departamento autonómico licitou esta semana a actuación mediante a súa publicación na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia 

A Consellería de Infraestruturas investirá preto dun millón de euros para adecuar o firme do vial que comunica Xinzo de Limia con Cortegada, é dicir, da estrada OU-531. O departamento autonómico licitou esta semana a actuación que foi publicada na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia co obxectivo de que as empresas interesadas poidan presentar, ata o vindeiro 18 de maio, as súas ofertas. 

A actuación, que podería comezar xa en verán, incluirá o acondicionamento da capa de rodadura en toda a lonxitude da estrada ao seu paso polos concellos de Xinzo de Limia, Sandiás, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, A Bola, Celanova, Ramirás, Gomesende e Cortegada.

Por último, tamén se realizará a limpeza de cunetas e salvacunetas e se repoñerán as marcas viarias.

Te puede interesar